Saturday 18 de May de 2024

O Concello de Noia homenaxea a Aurelio Moledo Calo, veciño de Argalo, que vén de cumprir 100 anos


 

O Concello de Noia vén de homenaxear ao seu veciño Aurelio Moledo Calo, da parroquia de Argalo, con motivo do seu centésimo aniversario. O segundo tenente de alcalde e veciño da mesma parroquia, Julio Bustelo, achegouse onte venres ata o restaurante Trapeiro, onde a familia tiña preparada unha gran festa de aniversario, e fíxolle entrega dun ramo de flores. Aurelio Moledo Calo naceu o 29 de novembro de 1919. Zapateiro de profesión, é veciño da parroquia de Argalo.